Blogia
Andresadas

Cidade de Deus

<object width=

Cidade de Deus. O barrio máis perigoso de Río de Janeiro. Nun lugar onde as bandas e os locais para vender droga estaban a orde do día. Fernando Meirelles realizou unha película asombrosa sobre a realidade deste barrio durante os anos 60 e 70. Nel conta a Historia do Trío Ternura, formado por Cabeleira, Marreco e Alicate. Os primeiros bandidos de Cidade de Deus... Pero as grandes bandas estaban por chegar e nos anos 70, Ze Pequenho convertiuse no dono de Cidade de Deus... Soamente quedaba un inimigo: Cenoura... Unha loita entre as dúas bandas convirte o barrio nun campo de batalla. Por outra banda, o noso narrador, Buscapé non quere convertirse nun bandido, nen nun narcotraficante: el quere ser fotógrafo. O seu xeito de conta-la historia fai que nos involucremos totalmente nela.

Un auténtico peliculón. Aconsello a todo o mundo que a vexa... Pouco a pouco, irei comentando máis cousas da película, unha das miñas favoritas.

"Dadinho é o caralho, meu nome é Zé Pequeno porra!".

0 comentarios